Mercedes Vázquez pon en valor o campo mediante a fotografía

undefined
photo_camera A autora da mostra, Mercedes Vázquez Saavedra.
Inaugurará hoxe en Sandiás unha mostra con 100 instantáneas

Mercedes Vázquez amosará en Sandiás o seu traballo fotográfico sobre os labores do campo. Trátase dun conxunto de 100 instantáneas que xa centraron unha exposición, o pasado ano, na Arca da Noe de Vilar de Santos e que agora e ata o vindeiro día 31 de xullo, ocupará a Casa da Cultura de Sandiás. 

A inauguración, que correrá a cargo de Xosé Calleja, terá lugar hoxe venres, ás 20,00 horas. A partir dese momento, a mostra fotográfica que pon en valor as tradicións, o pastoreo  ou o patrimonio inmaterial, poderase visitar de luns a domingo, en horario de 16,00 horas a 20,00 horas.

Te puede interesar