A LIMIA

Unha mesa sobre contaminación xera tensión na feira de Xinzo

Momento do altercado na rúa de San Roque de Xinzo.
photo_camera Momento do altercado na rúa de San Roque de Xinzo.
Foi necesaria a intervención das forzas de seguridade debido a unha pequena liorta protagonizada por algúns veciños con membros dunha mesa informativa de Auga Limpa Xa

O que parecía que ía ser unha xornada tranquila de feira en Xinzo, rematou coa intervención das forzas de seguridade debido a unha pequena liorta protagonizada por algúns veciños con membros dunha mesa informativa de Auga Limpa Xa. Segundo explicaron dende este colectivo ecoloxista, aproveitaron o mercadiño para instalar un pequeno posto no que "informar sobre a contaminación das nosas augas polos residuos da industria cárnica coa pretensión de recoller sinaturas para pedir unha moratoria á instalación de novas granxas industriais". Pasadas ás doce e media, relataron, "un cento de persoas achegáronse con insultos, ameazas, e coaccións e alentados por Adegal", segundo a agrupación. Dende Adegal negan que fixeran "ningún tipo de convocatoria, nin movemento".

A rexedora, Elvira Lama, tivo constancia do sucedido pola Policía Local, quen, segundo apuntou, tivo que incoar o expediente pertinente pois o colectivo carecía dos permisos necesarios para instalarse na rúa de San Roque. "Cuando vea los expedientes podré hablar, pero la importancia del sector agroganadero no se pondrá nunca en cuestión", dixo. O PP denunciou o agravio sufrido polo sector agrícola e gandeiro.

Te puede interesar