A mostra de fotografías de Matilda Anderson pechará o venres

Todas as persoas interesadas poderán visitala en horario de 09,30 horas a 14,30 horas e de 16,30 a 21,00 horas

A exposición "Unha mirada de antano: Fotografías de Matilda Anderson en Galicia" que se atopa, na actualidade, no Casino Antelano de Xinzo, poderase visitar ata este venres, día 19 de xaneiro.

A mostra enmárcase no proxecto "Corrente Cultural" promovido por Abanca, Afundación e polo propio Concello de Xinzo. 

Os fondos que articulan esta mostra proceden da institución neoiorquina The Hispanic Society of América que atesoura a colección de arte hispana máis importante fóra do territorio español, e as imaxes seleccionadas pertencen ao relato documental que Ruth Matilda Anderson elaborou durante a súa viaxe de investigación a Galicia entre os anos 1924 e 1926.

Todas as persoas interesadas poderán visitala en horario de 09,30 horas a 14,30 horas e de 16,30 a 21,00 horas. 

Te puede interesar