CULTURA

Mostra no Casino Antelano de fotos de Carlos Casares

n "album familiar" no que se diferencian dúas temáticas: por unha banda, o retrato e o autorretrato e, por outra, a fotografía de viaxes, unha das actividades polas que o autor de "Vento Ferido" sentía un grande interese.

O Casino Antelano acolle dende onte a mostra "Carlos Casares e a fotografía". Unha exposición de instantáneas feitas polo escritor nado en Xinzo de Limia ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. 
Trátase da primeira mostra que recolle as instantáneas feitas polo propio Casares e outras nas que el mesmo aparece retratado.

Un "album familiar" no que se diferencian dúas temáticas: por unha banda, o retrato e o autorretrato e, por outra, a fotografía de viaxes, unha das actividades polas que o autor de "Vento Ferido" sentía un grande interese. Neste sentido os visitantes da mostra poderán descubrir fotografías dos periplos realizados por Casareas ao longo de distintos países de Europa e de Norteamérica.

A exposición inclúe instantáneas que foron publicadas na Guía da provincia de Pontevedra cunha temática vencellada aos aspectos tradicionais da cultura galega como a festa do Entroido de Xinzo ou os cruceiros. 
A mostra estará aberta ao público ata o 7 de maio. 

Te puede interesar