O Museo da Limia abriu no día grande de Galicia

undefined
photo_camera Dúas visitantes ao Museo da Limia na xornada de hoxe domingo.
Poderá visitarse todos os sábados e domingos de mañá e de tarde

Museo Etnográfico da Limia, en Vilar de Santos, volveu abrir as súas portas hoxe domingo logo de varios meses pechado por mor da situación derivada da pandemia do covid-19. Os responsables da mostra fixeron coincidir a súa reapertura co día grande de Galicia, xornada na que recibiu aos primeiros visitantes. A partir deste momento e durante todo o verán, o espazo abrirá ao público todos os sábados e domingos dende as 11,30 horas, ás 13,30 horas; e dende as 17,30, ás 19,30 horas, tendo a entrada un prezo simbólico de dous euros. Haberá, neste senso, descontos especiais para grupos. 

O Museo Etnográfico da Limia inaugurouse no ano 1992 na Escola Unitaria de Vilar de Santos cunha colección de pezas etnográficas recollidas na comarca por un grupo de profesores e alumnos do Instituto de Xinzo. Tempo despois, o Concello de Vilar de Santos conseguiu a cesión da Reitoral da parroquia para a súa rehabilitación, decidíndose dedicar este espazo á preservación da memoria limiá.

A restauración da Reitoral, edificio que data do século XVIII e que, no seu momento, pertenceu á Orde de Santiago como hospital de peregrinos, respectou e aproveitou todos os elementos construtivos. 

No ano 1996, concluída a rehabilitación e a nova exposición en salas temáticas que ensinan aspectos da vida tradicional da Limia, o Museo reabriu as portas, converténdose nun lugar de encontro para a comunidade. A veciñanza participa regularmente de todas as actividades que alí se organizan e, de feito, as súas pezas foron doadas integramente por xente da comarca. Artesáns e labregos actúan como guías na exposición e as mulleres son o motor da recuperación da tradición do tecido en liño, recuperandoñ obradoiros.

Te puede interesar