MELLORAS

O Museo da Limia pecha para facer mantemento

redactorjefe-archive-2016-12-17-1op2414_result
photo_camera Jornada de puertas abiertas celebrada el pasado día 17 de diciembre en el Museo da Limia.

Acometerá obras no recinto e someterá as pezas da mostra a tratamento

O Museo Etnográfico da Limia, situado no concello de Vilar de Santos, pechos nestes días as súas portas coa finalidade de levar a cabo traballos de mantemento e reparación. Así o sinalaba onte o alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón, quien explicaba que moitas das pezas que conforman  mostra que acolle o recinto son de madeira e débeselles aplicar un tratamento específico para evitar as pragas e o caruncho. Ademais, durante estas semanas tamén se reparará un dos baños, o patio e máis unha “entrecuberta”. O alcalde explica que as visitas non son compatibles con estas operacións, polo que o museo permanecerá pechado ao público ata a última fin de semana de xaneiro ou a primeira de febreiro.

Por outra banda, o consello directivo do museo aproveitará este mes de xaneiro para reunirse e  acordar as liñas de actuación para este ano 2017. Así mesmo, nesa reunión os membros pecharán o balance das actividades que se levaron a cabo no ano 2016, no que o museo cumpriu 20 anos. Entre elas pódense destacar as conferencias de Comba Campoi sobre "O Barriga Verde", as "Conversas na Taberna", a actuación de Mini e Mero ou a proxección de varios documentais. 

O broche final para o vixésimo aniversario foi unha xornada de portas abertas o 17 de decembro. Nela, presentáronse as dúas últimas incorporacións da mostra: un retrato de Xoaquín Lourenzo “Xocas” feito polo limego Xosé Lois Carreira, e unha máquina de mallar de mediados do século XX.

Te puede interesar