A LIMIA

A música inicia a Santa Mariña

O día estivo marcado por un sol radiante e unhas temperaturas típicas do mes de xullo na capital limiá,

Xinzo xa está inmersa nas súas festas patronais. A orquesta Olympus foi o prato forte da xornada do martes, congregando a centenares de veciños na alameda de O Toural que bailaron ao son das cancións máis populares do verán.

O día estivo marcado por un sol radiante e unhas temperaturas típicas do mes de xullo na capital limiá, que fixeron que fosen poucos os que renunciaran a vivir o ambiente festivo nas súas principais rúas. O programa de actividades previstas para estes días retomarase hoxe, ás 12,00 horas, cunha procesión na honra da patroa, Santa Mariña, que irá escoltada da Banda de Gaitas de Xinzo e da Agrupación Musical da Limia.

A Coral Santa Mariña e a Escola Musical da Limia acompañarán a celebración da eucaristía, que terá lugar na igrexa nova. Xa pola tarde, ás 18,00 horas, a alameda de O Toural acollerá a cuarta edición do memorial Manolo Santana de chave.

Os máis cativos tamén disfrutarán da velada grazas á representación da obra teatral "Duncan de palleiro", da compañía Lila teatro infantil. O espectáculo será no parque do Toural, ás 19,00 horas. Ás 21,30 horas, na rúa Alexandre Bóveda terá lugar a actuación de Armonía Show, e, máis tarde, unha sesión de verbena a cargo da mesma formación a partir das 00,30 horas da madrugada. 

Te puede interesar