Nace “Aterra”, un plan de xestión de terras para la provincia

O obxectivo é conectar a persoas que demanden terras para a creación ou ampliación dun proxecto agrícola ou gandeiro con aquelas outras que propietarias de terreos, ou empresas en funcionamento interesadas nunha cesión, aluguer ou venda. 

Co obxectivo de conectar a persoas que demanden terras para a creación ou ampliación dun proxecto agrícola ou gandeiro con aquelas outras que propietarias de terreos, ou empresas en funcionamento interesadas nunha cesión, aluguer ou venda de predios nace “Aterra”, unha plataforma posta en marcha polo Grupo de Desenvolvemento Rural Limia Arnoia que pretende frear o abandono dos proxectos agrícolas facilitando o contacto entre as persoas que demandan terreos coas que os ofertan. 

O ámbito de actuación de “Aterra” serán os 25 municipios da provincia de Ourense que forman parte do territorio GDR Limia Arnoia e que pertencen ás comarcas de Allariz- Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova. Nesta iniciativa participan tamén oficinas agrarias comarcais, asociacións agrarias profesionais e universidades.

Este mércores, 30 de novembro, ás 12,30 horas, terá lugar no Salón de Actos da Casa do Concello de Sarreaus a presentación do proxecto por parte de responsables do GDR. 

No acto amosaranse casos reais e profundizarase nas dificultades existentes na actualidade para o acceso aos predios

Te puede interesar