a sainza

Os nenos protagonizaron o inicio da Romaría da Saínza

<p></p>
photo_camera Os cativos desfrutaron dos xogos populares

O evento comezou este venres coa descarga de bombas de palenque para continuar, pola tarde, cos xogos populares no campo da festa e a representación do primeiro combate da fin de semana: o de mouros e cristiáns con monicreques.

Rairiz de Veiga vive as horas máis especiais do ano, xa que os seus veciños atópanse disfrutando da súa festa por excelencia: a Romaría da Saínza. O evento comezou este venres coa descarga de bombas de palenque para continuar, pola tarde, cos xogos populares no campo da festa e a representación do primeiro combate da fin de semana: o de mouros e cristiáns con monicreques.

Ducias de cativos desfrutaron das primeiras horas desta Festa de Interese Turístico que rematou onte con dúas obras de teatro, un espectáculo de humor e maxia internacional e actuacións musicais para continuar, hoxe, con moita máis festa.

A terceira quedada de músicos tradicionais da Romaría da Saínza marcará o arranque da xornada deste sábado. Pola tarde, a partir das 18,00 horas, celebrarase a séptima edición de "O meu primeiro combate de mouros e cristiáns". Ás 23,45 horas será o asalto ao castelo, que estará acompañado por fogos de artificio e actuacións musicais. A batalla central será mañá domingo, ás 13,00 horas.

Te puede interesar