Nova fase para o arranxo de parques en Xinzo

undefined
photo_camera O edil de Infraestruturas, Rafael Penabad, visitou os traballos.
“Temos que manter en bo estado as instalacións que temos, sobre todo agora que comeza o bo tempo e que os veciños buscan sitios de descanso ao aire libre”, opinou o concelleiro de Infraestruturas urbanas, Rafael Penabad. 

O Concello de Xinzo de Limia, mediante a concellería de Infraestruturas, continúa estes días e pensando na chegada do periodo estival, coa posta a punto das zonas lúdicas da vila, unha tarefa iniciada o pasado mes de xaneiro -centrada especialmente e por aquel entón, na seguridade- e que se completará nas vindeiras semanas.  Neste senso, nun primeiro momento, os traballos consistiron na introducción de peches nas instalacións ubicadas preto das zonas de tránsito de vehículos co obxectivo de garantir a seguridade dos menores. A partir deste momento e seguindo na liña das primeiras fases, os traballos centraranse agora en arranxar os xogos en mal estado e incluso en instalar algúns novos.

Segundo explicaron dende o Consistorio, os operarios traballaron nos últimos días no parque Galicia e no de A Devesa. Neste último colocouse un novo columpio e un balancín e en ambos substituíronse as escaleiras do tobogán. Está previsto que nos próximos días remate esta actuación coa renovación dalgunhas pezas e se poidan prolongar os traballos a outras zonas de xogo do municipio. “Temos que manter en bo estado as instalacións que temos, sobre todo agora que comeza o bo tempo e que os veciños buscan sitios de descanso ao aire libre”, opinou o concelleiro de Infraestruturas urbanas, Rafael Penabad, que visitou esta semana os traballos. 

Precisamente, no que atinxe a esta concellería, a mellora de parques non foi a única acción levada a cabo, xa que se renovou a iluminación das pistas deportivas ubicadas nas inmediacións das piscinas exteriores. Substituíronse oito puntos de luz por tecnoloxía led para dotar dunha mellor visibilidade ás zonas de tenis e baloncesto.

Te puede interesar