Servicios

Cinco núcleos sandianeses terán fibra óptica no 2021

O Concello de Sandiás segue a traballar, en colaboración co Goberno Autonómico e Central, para que a fibra óptica sexa unha realidade en todo o Concello, especialmente nestes tempos nos que o teletraballo está cada vez máis implementado. 

Por este motivo, o rexedor local, Felipe Traveso, explicou mediante un bando municipal as novas instalacións previstas, así coma o resumo das que xa están operativas e que serían Fontela, Arcos, Piñeira de Arcos, Sandiás, Coalloso, Couso e Vilariño -nestas aldeas xa se pode instalar fibra óptica con calquera operador, subliñou o alcalde sandianés-. 

Por outra banda, están en proceso de instalación de fibra en Santa Ana, Ladeira, A Chousela, A Corga e Lavandeira. Antes de que finalice o mes de xaneiro de 2021 será posible contar con dito servizo nestes cinco termos. 

Próximamente traballarase en diferentes obras en Cerredelo, Cardeita e As Pegas e, para o vindeiro ano, avanzarase na instalación nos núcleos rurais de O Castro, Zadagós, e Novaiño.

Te puede interesar