ENTREVISTA

"O mundo dos coros está un pouco atascado, pois falta a implicación por parte das institucións"

SDS_result
photo_camera Celestino Seara Bouzas

Celestino Seara é o presidente da agrupación cultural Aimil Folk de Xinzo

O Coro Aimil ten acadado, no transcurso destes últimos 17 anos, un lugar destacado na capital limiana. Con máis de medio centenar de socios na agrupación que o xestiona, Aimilk Folk, e 32 vocalistas, o seu presidente, Celestino Seara, reclama maior apoio por parte das institucións e anima a todas as persoas da vila, con ganas de probar sorte na música, a que formen parte do coro. Por outra banda, a asociación atópase inmersa na preparación da oitava edición de Coralimia, un festival de corais que terá lugar o 25 de novembro e que xa logrou reunir aos mellores vocalistas de toda Galicia en Xinzo de Limia. 

En que punto se atopa o Coro Aimil?

Gozamos de boa saúde. Sempre nos movemos nos 30 coristas e este ano, incluso, temos tres novas voces. É certo que baixamos un pouco o número de socios de Aimil Folk, pasando de 70 a 50 persoas. Pero seguimos loitando e botándolle moito valor para sacala adiante. A asociación está moi hermanada. 

Os coristas son todos de Xinzo ou hai xente doutros concellos?

Na actualidade, aínda que hai xente doutros concellos, todos residimos aquí en Xinzo. 

Cal é o vínculo que existe entre o Coro Aimil e a Banda Municipal de Gaitas de Xinzo?

Digamos que dependemos directamente da banda, eles son os que nos botan unha man. Compartimos director, Fernando Dopico. 

Cal é o perfil de corista de Aimil? 

Homes e mulleres de entre 40 e 70 anos. Eu son o máis vello (Rí).  É certo que botamos un pouco en falta xente máis nova. Gustaríame animar aos veciños a que probasen a cantar no noso coro. Non fai falta ter ningunha característica vocal especial. 

En que estilo musical se moven?

Temos un repertorio bastante amplo e cada ano vanse incorporando novas cancións. Trátase de cancións populares e de grupos e corais xa coñecidos. Neste senso, o director adoita facer algúns arranxos para adaptalo ás nosas características. 

Como está o mundo dos coros na comunidade? 

Un pouco atascado. Non hai subvencións, nin axudas. A xente sacrifica moitas veces a súa vida persoal para achegarse a cantar a distintos puntos da xeografía galega e, aínda por riba, ten que poñer do seu peto para poder facelo. É algo que penso que desanima. Pero é un mal común. É preciso que haxa maior apoio institucional para as actividades culturais e musicais. Os coros que funcionan mellor son os que xa levan moitos anos e contan cunha base consolidada, aínda que tamén sofren as súas dificultades.

Qué corais estarán presentes na oitava edición do Coralimia?

A coral de Carballo, nós e estamos pendentes dunha de Portugal. 

Te puede interesar