PRESUPOSTOS

O orzamento de Vilar de Santos para o ano 2017 ascende a 782.000 euros

photo_camera Casa do Concello de Vilar de Santos.

Unha cifra lixeiramente superior aos 780.000 euros do pasado ano 2016

O Concello de Vilar de Santos xestionará no presente exercicio de 2017 un orzamento de 782.000 euros, unha cifra lixeiramente superior aos 780.000 euros do pasado ano 2016. Aquela cifra permitirá ao Concello reforzar a aposta do gobierno municipal "para garantir uns servizos públicos de calidade e consolidar o aproveitamento e posta en valor dos recursos locais para seguir impulsando o noso modelo de desenvolvemento e benestar", sinalan fontes municipais.

O Concello destinará 329.000 euros -o 42% dos orzamentos- a gastos de persoal; os gastos correntes sumarán 201.000 euros -o 25%-, un 6% menos que o ano pasado; pola contra, refórzase a inversión productiva, que terá un incremento do 7%, dedicándolle a esta partida 237.000 euros, que supón o 30% do orzamento e que ten como finalidade consolidar e financiar proxectos. Resalta o goberno municipal que as actuacións de protección e promoción social, os servizos públicos basicos, educación, cultura e outros programas representan o 73% do orzamento. Mentres, as taxas e impostos municipais seguirán conxelados en 2017, ao igual que nos dous últimos años.

As principais áreas de actuación sobre as que incidirán estes orzamentos son, en primeiro lugar, a aposta polos servizos sociais municipais, "como un instrumento básico de integración e cohesión social e mellora da calidade de vida".

En segundo lugar, perséguese a dinamizacion da actividade económica e o emprego, buscando "consolidar as bases para facer de Vilar de Santos un espazo atractivo para investir e crear emprego". En terceiro lugar, o goberno municipal perseguirá a mellora das infraestruturas e equipamentos público.

Para o alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón, estes orzamentos "son un reflexo das nosas prioridades e son indicativos da boa xestión levada a cabo no concello, en planificación, sen facer recortes nos servizos públicos esenciais e acometendo os investimentos necesarios para o desenvolvemento do Concello".

Te puede interesar