A PAC do 2023, a exame polo sector agrogandeiro en Sandiás

undefined
photo_camera Un instante da charla celebrada na casa da cultura de Sandiás.
Profundizouse nos requisitos necesarios e condicionantes a ter en conta para que estes profesionais poidan acceder a ditas axudas. 

A casa da cultura de Sandiás acolleu esta semana unha charla informativa dirixida ao sector agrogandeiro e que xirou en torno ao contido da nova Política Agraria Común -PAC- do 2023. Na iniciativa participaron 30 veciños da zona, profesionais do campo. 

Ao longo de catro horas, abordáronse os cambios que sufrirá a PAC que estará vixente durante catro anos, concretamente, durante o periodo comprendido entre os anos 2023 e o 2027.   Do mesmo xeito, profundizouse nos requisitos necesarios e condicionantes a ter en conta para que estes profesionais poidan acceder a ditas axudas. 

Tal e como recordaron dende o Concello de Sandiás, a Comisión Europea deu luz verde ao Plan Estratéxico da Política Agraria Común. Unha PAC que, segundo subliñaron dende o Goberno central, pretende ser “máis xusta, máis sostible e máis social”. A PAC tamén pon o foco nas ferramentas que se precisan para avanzar cara unha agricultura máis innovadora, dixital, e na que esté garantida o relevo xeneracional. 

O obxectivo pasa porque a nova Política Agraria Común entre en vigor a partir do vindeiro 1 de xaneiro do 2023.

Te puede interesar