O pádel súmase ó programa deportivo de verán de Xinzo

Presentación da programación deportiva.
photo_camera Presentación da programación deportiva.

A programación deportiva de verán en Xinzo de Limia achégase ao calendario con moitas novidades e a apertura do prazo de inscrición para as distintas actividades. O Concello, a través da concellería de Deportes, fai unha aposta decidida polo deporte base. Así, contémplase a categoría sub14 ou sub16 en torneos como o fútbol 7,  fútbol sala ou tenis e pádel. Esta última modalidade súmase por primeira vez ao programa deportivo limiao.

Así, as propostas deportivas de verán comezarán co torneo de natación o 3 de xuño. O día 16 haberá unha roda de capoeira e o 18 hai cita co torneo de baloncesto. O 20 de xuño arranca o Xinzo Fit e do 23 ao 27 dese mesmo mes prográmase o Campus de Ximnasia, así como os de Fútbol e Baloncesto. Ademais, para favorecer a conciliación familiar e laboral, o campamento urbano arrancará o 3 de xullo en diferentes quendas para que os cativos desfruten do tempo libre.

Os interesados en participar nalgunha das actividades e coñecer toda a oferta que programa o Concello de Xinzo xa poden inscribirse a través da Concellería de Deportes chamando ao teléfono 988 46 10 20. 

Te puede interesar