O parque eólico de Rebordechao, rexeitado en Barrio

2020120121131568774
photo_camera Vista a la Serra de San Mamede desde Os Milagros.
Dende o concello, o rexedor asegura que o proxecto non conta co respaldo da Xunta de Montes nin co aval do Consistorio. 

O parque eólico Rebordechao -polo menos tal e como está recollido no proxecto inicial- provocou o rexeitamento do Concello de Vilar de Barrio, dende onde o seu alcalde, Manuel Conde, asegura que "instalacións coa densidade e ubicacións propostas conforman unha agresión medioambiental que rexeitamos". 

Dende a administración local analizaron recentemente a documentación pertinente publicada  na sede electrónica do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e que corresponde ao proxecto que leva por título "Parque eólico Rebordechao de 154 MW TTMM: Nogueira de Ramuín, Xunqueira de Espadañedo, Montederramo, Maceda, Vilar de Barrio, Laza, Castrelo do Val, Verín, Monterrei y Cualedro. Neste senso, dende Vilar de Barrio remarcan a importancia que ten a Serra de San Mamede para este entorno, pois representa máis do 70 por cento do seu territorio. "Ten un valor incalculable dende o punto de vista ecolóxico, medioambiental e social", asegura o seu alcalde. Por este motivo, engade, todas as actuacións nun entorno destas características teñen que ser "respetuosas co territorio e co seu tecido social, sinaladamente cos veciños e cos Concellos implicados". 

Segundo afirman dende o Concello de Vilar de Barrio o proxecto "non conta nin co respaldo da Xunta de Montes en Man Común de Rebordechao -propietarios dos terreos nos que se proxectan as instalacións- nin co aval do Concello de Vilar de Barrio". 

Por último, recalcan que este tipo de proxectos deben preservar, sobre todo, a serra, así como o desenvolvemento social e contar cun consenso.

Te puede interesar