A LIMIA

Pasos de cebra con sentimento galego

20190516210217128_result

Alumnado dos colexios Carlos Casares e Rosalía de Castro, así como dos institutos Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela, de Xinzo, realizaron unha actividade de impresión de diferentes citas literarias e frases recoñecidas de autores galegos en distintos pasos de cebra da vila. A actividade enmarcouse dentro da conmemoración do Día das Letras Galegas, que este ano se adicará ao escritor Antón Fraguas. A Consellería de Educación do Concello de Xinzo colaborou cos catro centros nesta iniciativa, que pretende poñer en valor o idioma e a cultura galega.

Te puede interesar