Recuperar a pataca de semente, obxectivo do Inorde e da Cámara de Montalegre

Reunión en Montealegre (Portugal) Manuel Orlando Fernandes Alves (Presidente da Cámara Municipal de Montealegre), David Teixiera (VicePresidente da Cámara de Montealegre), Emma Gonzáez Diéguez (Xerenta do INORSE), Servando Álvarez Pousa (Técnico do Centro Agrogandeiro de Xinxo de Limia).
photo_camera Reunión en Montalegre entre Manuel Orlando Fernandes Alves, presidente da Cámara Municipal de Montealegre; David Teixeira, vicepresidente da Cámara de Montealegre; Emma Gonzáez Diéguez, xerente do INORDE e Servando Álvarez Pousa, técnico do Centro Agrogandeiro de Xinzo de Limia.
Búscase que a limia poida ter acceso a un tubérculo de semente "de boa calidade" e producido a 50 quilómetros

Recuperar a pataca de semente e activar a economía circular son os obxectivos que se marcan conxuntamente o Inorde e a Cámara Municipal de Montalegre. Nunha reunión celebrada este mércores entre o presidente da Cámara, Orlando Alves, e a xerente e o técnico do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, Emma González e Servando Álvarez, respectivamente, acordouse promover un proxecto piloto sobre o mencionado tipo de tubérculo. No encontro tamén participaron o vicepresidente da Cámara Municipal de Montalegre, David Teixeira, e membros da Cooperativa Agrícola do Barroso. 

A vontade da Cámara de Montalegre está a ser a recuperación desta actividade económica e social mediante o apoio e fornecemento da mencionada cooperativa e, tendo en conta a relación do Inorde con esta institución e considerando o papel deste organismo no tecido agrícola da provincia de Ourense, "considerouse convinte a realización de actividades conxuntas para reflotar o cultivo da pataca de semente en Montalegre dende o punto de vista da posibilidade de que a principal comarca produtora de patacas de Galicia, a Limia, con máis de 120.000 toneladas anuais, puidera acceder de xeito vantaxoso a unha pataca de semente de boa calidade e producida a menos de 50 quilómetros", sinalou Emma González. "As relacións do Inorde coa Cámara Municipal de Montalegre son, sen dúbida, moi favorables para ambas partes", engadiu David Teixeira.

Te puede interesar