O pazo do Telleyro de Sandiás recibiu a visita de 70 persoas

bsh
photo_camera Claudia Gómez encargouse de falar da historia e das particularidades do pazo.
Moitas persoas quedaron sen coñecelo por cuestións de aforo. 

Setenta persoas procedentes de Montederramo, Mallorca, Ourense, Allariz, San Vitoiro, Arcos, Sevilla, Morgade, Vilar de Santos, Vigo, Monforte, Ourense, Allariz, Xinzo de Limia, Ames (Coruña) e un significativo número do barrio de Mouturelos de Piñeira de Arcos provenientes de León, Vigo, Salamanca e A Coruña, entre outros lugares, achegáronse á segunda edición das visitas guiadas ao Pazo do Telleyro, en Sandiás. A graduada en Historia, Claudia Gómez, encargouse das explicacións.

Dende o Consistorio de Sandiás destacaron o éxito desta convocatoria, celebrada o pasado sábado, aínda que moitas persoas quedaron sen poder visitar o pazo por cuestións de aforo. 

Te puede interesar