A LIMIA

Pena será restaurada con máis de 225.000 euros

<p></p>
photo_camera Román Rodríguez, terceiro pola dereita, acompañado por representantes do grupo de goberno.

O proxecto resolverá as filtracións dende a cuberta e restaurará a torre

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, visitou o entorno de Trandeiras e a Torre de Pena, ben no que o representante autonómico anunciou un investimento de 225.600 euros achegados dende os Fondos Feder 2014-2020. O proxecto define as actuacións necesarias para resolver as filtracións dende a cuberta, e restaurar a torre. Tamén se recuperará a lectura da muralla exterior para dar a coñecer o castelo.

A actuación se licitará en 2019 e xa se está a ultimar a redacción do proxecto básico de execución para a posta en valor do Ben de Interese Cultural.

Román Rodríguez lembrou que os traballos realizados en anos previos pola Administración autonómica permitiron comprobar a existencia de muros pertencentes a restos dun antigo castelo medieval, dos que a Torre da Homenaxe é o elemento máis visible da fortaleza.

Por outra banda, aproveitando a súa visita a Xinzo, o conselleiro deu un paseo polo Entroido limiao acompañado da delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira; así como por Carlos Gómez, concelleiro de Cultura e Festas e polo alcalde de Xinzo, Manuel Cabas. Foi, precisamente, na vila limiá onde anunciou que, co obxectivo de conservar tanto o patrimonio material, como inmaterial, a Consellería iniciará o estudo para a incoación como Ben de Interese Cultural do Entroido.

Román Rodríguez lembrou que esta festividade, con fondas raíces en Galicia, contribúe a situar a comunidade como un dos destinos favoritos para o turismo, tamén no inverno.

Ourense conta, ademáis do Entroido de Xinzo -de Interese Internacional- , con outro de Interese Nacional, Verín, e outros cinco de Interese Galego, Viana do Bolo, Laza, Maceda, Manzaneda e Vilariño de Conso. O turismo incrementouse nun 3 por cento.

Te puede interesar