Cinco persoas reforzan o servizo de limpeza en Xinzo

undefined
photo_camera Os traballadores foron recibidos no Salón de Plenos.
Os traballadores, todos eles beneficiarios da Renta de Inclusión Social de Galicia, incorporáronse ás brigadas municipais á semana pasada e xa realizaron tarefas de limpeza o sábado despois da feira

O Concello de Xinzo vén de contratar a cinco persoas para reforzar o servizo de limpeza. Os traballadores, todos eles beneficiarios da Renta de Inclusión Social de Galicia, incorporáronse ás brigadas municipais á semana pasada e xa realizaron tarefas de limpeza o sábado despois da feira, a máis importante do ano. Está previsto que desempeñen as súas funcións por un período de tempo de nove meses. Ademáis, de xeito paralelo, o Goberno local reforzou este servizo con outras 4.500 horas 

A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, deu a benvida aos traballadores o pasado venres no salón de plenos do Concello e animoulles a levar a cabo as súas tarefas con ilusión e esforzo. Neste encontro estivo acompañada do concelleiro de Obras, Ramón Gómez, e do de Infraestruturas, Rafa Penabad.

Te puede interesar