INFRAESTRUCTURAS

As piscinas climatizadas de Xinzo terán un guindastre

O Concello de Xinzo de Limia recibirá, da Deputación de Ourense, o importe de 4.494 euros para a adquisición e instalación dun guindastre na piscina climatizada do municipio.

O Concello de Xinzo de Limia recibirá, da Deputación de Ourense, o importe de 4.494 euros para a adquisición e instalación dun guindastre na piscina climatizada do municipio. Trátase dun equipamento que se fai necesario nestas instalacions municipais, que teñen unha grande demanda e uso por parte dos veciños. 

Esta subvención forma parte das axudas que foron aprobadas a semana pasada pola Xunta de Goberno da Deputación provincial e que suman no seu conxunto un investimento total de 380.380 euros.

Ademáis, na mesma xuntanza da Xunta de Goberno tamén se aprobou a concesión de axudas a concellos e mancomunidades de municipios para a organización de actividades deportivas.

Te puede interesar