As pistas Sitibal, Zepetal e O Bouzo de Xinzo entran na súa fase final

Vistia obras Cepetal e Sitibal
photo_camera A rexedora local, Elvira Lama, acompañada doutros membros do equipo de goberno, visitou a obra. (Cedida)
Dende o Concello de Xinzo aseguran que esta obra avanza o crecemento da vila cara o campo de fútbol

A reconversión das pistas Sitibal, Zepetal e O Bouzo de Xinzo de Limia nunha rúa urbana será unha realidade de cara ao vindeiro mes de marzo e suporá, segundo o Concello, o crecemento da vila cara o entorno do campo de fútbol. 

A rexedora de Xinzo, Elvira Lama, acompañada do seu tenente de alcalde, Amador Díaz e os edís de Obras e Infraestruturas, respectivamente, Ramón Gómez e Rafael Penabad, visitou o estado da obra que, segundo subliñaron dende o goberno local, entrou xa na súa fase final, polo que se espera que o vial completo poida abrir ao público o próximo mes. 

As pistas Zepetal e Sitibal de Xinzo xa amosan os seus 16 metros de ancho, con beirarrúas e prazas de estacionamento. Ambas vías, xunto coa travesía do Bouzo, que tamén está sendo acondicionada, funcionarán como una circunvalación de 2 quilómetros, tal e como informaron dende o Concello de Xinzo, pois entre as tres conforman un itinerario "moi empregado para evitar o centro da vila por parte dos vehículos que se desprazan ou proceden dos concellos da marxe esquerda do río Limia, como Baltar, Blancos ou Porqueira".

Por outra banda, as novas infraestruturas viarias completaranse con servizos básicos de saneamento, abastecemento, alumeado e beirarrúas no tramo das pistas Zepetal e Sitibal. Para chegar ata este punto, o goberno local levou a cabo unha negociación previa con preto de 40 propietarios que, segundo fontes municipais, "accederon á cesión dos metros de fachada que lle correspondían a cada un para dotar ao viario destes servizos". Nesta liña, a visita dos representantes municipais a este entorno serviu tamén para acordar diferentes melloras de última hora e atender ás demandas dos propietarios dos solares aledaños.

No que atinxe ao asfaltado final, agárdase que os traballos específicos comecen en canto a situación meteorolóxica así o permita -é necesario que o firme actual seque e compacte previamente-. 

O pasado marzo, ao inicio da pandemia, o Concello de Xinzo adxudicou esta obra por un importe de máis de 700.000 euros, sen embargo, a situación epidemiolóxica e o confinamento retrasou o inicio dos traballos. 

Un ano máis tarde, o goberno local confía en que a obra poida ser entregada ao Concello no mes de marzo. Con ela Xinzo incorpora así unha nova zona de expansión e crecemento ao seu casco urbano, pois se trata de chan urbanizable. Con esta actuación, anticípase o crecemento de Xinzo hacia a zona da Moreira.

Te puede interesar