A planta de biometano de Sarreaus, “prioritaria” para a Xunta

O obxectivo desta iniciativa empresarial é consolidar unha fábrica de produción deste gas renovable que, ao mesmo tempo, impulse a creación de postos de traballo na comarca. Serán, concretamente, 16 empregos, e o investimento total rozará os 8,27 millóns de euros. 

O proxecto para construir unha planta de biometano no Concello de Sarreaus, anunciado a finais do pasado 2020, ven de ser declarado pola Xunta de Galicia como “iniciativa empresarial prioritaria”. Segundo explicaron dende o propio departamento autonómico, esto significa que existen razóns “de interese público” para tramitar de maneira urxente os procedementos administrativos, así como o seguimento e impulso dos trámites posteriores necesarios a través da Oficina Doing Business creada pola Xunta de Galicia para contribuír á eliminación de obstáculos e barreiras á actividade empresarial. A iniciativa empresarial foi declarada como prioritaria por cumprir dous dos requisitos necesarios, en concreto, polo volume de investimento así como por complementar cadeas de valor e pertencer a sectores estratéxicos, neste caso o enerxético.

O obxectivo desta iniciativa empresarial é consolidar unha fábrica de produción deste gas renovable que, ao mesmo tempo, impulse a creación de postos de traballo na comarca. Serán, concretamente, 16 empregos, e o investimento total rozará os 8,27 millóns de euros. 

Deste xeito e unha vez finalicen as obras de implantación no concello de Sarreaus, a empresa Bioenergía Ourense estima ter dispoñibles 70.000 toneladas ano de materia orgánica, procedente de diferentes empresas agroalimentarias e do sector industrial localizadas en zonas próximas á planta de xeración de biometano. A partir do procesamento desta materia orgánica, producirase unha primeira corrente de biogás, que será posteriormente depurada mediante un proceso de enriquecemento, transformándose nun gas renovable denominado biometano, tamén coñecido como gas natural renovable, que será inxectado no gasoduto de gas natural.

Te puede interesar