O pleno do Concello de Xinzo adheriuse ao Plan de Acción para o Clima

Segundo fontes municipais, o concello de Xinzo de Limia emitiu á atmosfera durante o ano 2007 máis de 33.133 toneladas de CO2, o que corresponde a 3,41 toneladas de carbono por habitante

O Concello de Xinzo acaba de sumarse, tal e como se ratificou no último pleno, ao Pacto das Alcaldías do 18 de xuño do pasado 2020 adquirindo o compromiso de elaborar un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía e confeccionar un inventario de emisións do propio concello, así como definir accións de minimización para aumentar a eficiencia enerxética e diminuir o consumo de enerxía. Segundo fontes municipais, o concello de Xinzo de Limia emitiu á atmosfera, durante o ano 2007, 33.133,97 toneladas de CO2, o que corresponde a 3,41 toneladas de carbono por habitante. 

O sector que máis contribúe ás emisións é o do transporte privado e comercial, responsable do 61,25 por cento de todas as emisións. Séguelle o sector edificios, equipamentos e instalacións residenciais, cun 34 por cento. O alumeado público e os edificios municipais suman en conxunto o 3,1 por cento das emisións totais.

As medidas propostas neste plan prevén que o municipio de Xinzo de Limia reduza as emisións de CO2 nun 40 por cento ata 2030, con respecto ás emisións do ano 2007, sendo o obxectivo a alcanzar de 13.253,58 toneladas de CO2. Todos os grupos votaron a favor da adhesión.

Te puede interesar