INDUSTRIA

O polígono de Xinzo ofrecerá 23 novas parcelas industriais

Ángeles Vázquez, acompada por el alcalde de XInzo, Manuel Cabas y Carlos Gómez
photo_camera A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, acompañada por Manuel Cabas e Carlos Gómez.

Segundo o Instituto Galego de Vivenda e Solo os traballos de urbanización comezarán en 2019

A ampliación do polígono empresarial de Xinzo comezará, segundo os responsables do Instituto Galego de Vivenda e Solo, durante o vindeiro 2019. O Diario Oficial de Galicia publicou este mércores o anuncio do inicio das expropiacións e estará a disposición pública durante o prazo dun mes.

Asimesmo, con este trámite, disporanse de 120.000 metros cadrados para ofrecer aos novos empresarios que queiran asentarse na comarca limiá xa que deles, máis dun 70% -86.000 metros cadrados- conformarán 23 novas parcelas para destinar ao uso comercial e industrial.

Deste xeito, a Xunta dará cumprimento as reivindicacións feitas polos anteriores rexedores de Xinzo, así como ás dos grupos da oposición, pois o parque carece, na actualidade, de metros dispoñibles para poder albergar novas empresas.

O proceso comezará coa expropiación dos terreos que conformarán o denominado "Polígono 2" na que se investirá unha partida orzamentaria de 611.666,98 euros. Os traballos de urbanización do terreo suporán, a súa vez, 3,3 millóns de euros.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, desprazouse ata Xinzo para visitar o parque empresarial en compañía do rexedor local, Manuel Cabas. Alí subliñou a "necesidade" desta actuación, dado que Xinzo de Limia "non dispón de solo empresarial, xa que está totalmente adxudicado grazas aos incentivos postos en marcha pola Xunta de Galicia".

A representante autonómica asegurou que, nestes intres, un total de 40 empresas desenvolven a súa actividade neste polígono empresarial, ubicado no entorno do acceso á autovía e nunha das entradas á vila limiá.

Te puede interesar