Charla

Pontón explicou en Vilar de Barrio medidas contra os incendios

2020092421115815282
photo_camera Ana Pontón en Vilar de Barrio.

A líder nacional do BNG, Ana Pontón, achegouse ata Vilar de Barrio, un dos municipios máis afectados este verán pola lacra incendiaria, para manter unha reunión co rexedor, Manuel Conde, e con outros alcaldes e alcaldesas da provincia -Vera, Allariz, Baños de Molgas e A Mezquita-, así como con representantes dos municipios de Muíños, A Gudiña ou Verín. Pontón asegurou que os lumes "son un dos principais problemas ambientais de Galiza" polo que quixo poñer enriba da mesa medidas a curto e longo prazo que axuden a paliar os danos ocasionados logo de arrasar o lume 11.000 hectáreas no Macizo Central e na Serra do Xurés. 

Por unha banda e, no inmediato, Pontón urxiu medidas para que as cinsas non acaben nos ríos e, polo tanto, "nas augas que consumen moitas persoas". A curto prazo, engadiu, "programas para investigar e prever nos lugares altamente incendiarios, os que arden cada ano. Deben fortalecerse as brigadas de investigación e de prevención", opinou.

Por último a voceira nacionalista solicitou plans para a recuperación das zonas queimadas, con obxectivos e con orzamentos; un plan específico de prevención e de xestión para os lugares de alto valor ambiental do país e utilizar a figura do plan integrado para levar a cabo unha ordenación do monte.

Te puede interesar