MEJORAS

Porqueira acondicionará a planta baixa do Concello

A rehabilitación afectará ao salón de plenos, ao salón de actos e a unha parte do arquivo da Casa do Concello.

O Concello de Porqueira abordará a reforma da planta baixa da casa consistorial nos vindeiros meses. Trátase dun acordo entre Xunta, Deputación e o propio ente local, que se traduce nun orzamento de 110.000 euros para levar a cabo unha rehabilitación que afectará ao salón de plenos, ao salón de actos e a unha parte do arquivo da Casa do Concello.

A alcaldesa da localidade, Susana Vázquez, afirma que se trata dunha obra de especial importancia, xa que o edificio, de máis de 30 anos de antigüidade, atópase nun estado de deterioración importante.

Levarase a cabo unha renovación da iluminación, da carpintería, do sistema de calefacción e das ventanas. Con esta reforma búscase conseguir un aforro enerxético e unha adaptación á normativa de accesibilidade xa que, por outra banda, se vai a facer un novo aseo adaptado a minusválidos.

"É unha obra sinxela", explica a alcaldesa de Porqueira. "A parte de arriba xa se arranxou no seu momento, e agardamos que no verán esté lista a parte de abaixo".

Te puede interesar