Porqueira pon en valor as fervenzas do río Fírbeda e A Forxa

O Concello de Porqueira, dentro do proxecto Camiños de Identidade, tratará de poñer en valor un dos seus recursos paisaxísticos máis senlleiros: as fervenzas do río Fírbeda e o entorno do pobo da Forxa. Para esta finalidade, presentarase, no marco do proxecto Camiños de identidade, a ruta Fervenzas do río Fírbeda e a Forxa que busca dinamizar o patrimonio natural e arquitectónico do concello. Despois deste roteiro, celebrarase unha comida popular á que se poderá asistir con reserva previa. 

Xa pola tarde, a partir das 17,00 horas, terá lugar un acto de presentación onde intervirán representantes da empresa promotora Amarelas Sociedade Cooperativa Galega; David Villarino Olmos, profesor no grupo de música tradicional Vai de Vagar e Susana Vázquez Dorado, alcaldesa do Concello de Porqueira.

Nesta presentación profundizarase e se realizará unha exposición deste produto turístico creado para o concello. Proxectarase, do mesmo xeito, un video promocional elaborado nos últimos meses e no que se destacan os recursos paisaxísticos, patrimoniais e humanos de Porqueira, facendo especial fincapé nos seus veciños e na súa identidade coma pobo.
Ao remate da presentación, o grupo de música Vai de Vagar fará unha mostra do seu traballo na zona das piscinas do concello.

Te puede interesar