eleccións municipais

O PP de Os Blancos volve a confiar en Manuel Castro

Baltar e José Manuel Castro.
photo_camera Baltar e José Manuel Castro.

O actual rexedor de Os Blancos, José Manuel Castro, volverá a ser a opción dos populares para os comicios locais do 26 de maio. Un reto que o propio alcalde asume como continuación da "política de estabilidade" desenvolvida nestes anos. 

O presidente provincial, Manuel Baltar, recoñeceu o "notable esforzo" de Castro, e dixo que "confía en que sexa recompensado cunha maioría absoluta máis, para un candidato que defendeu, con moita intensidade, a fiabilidade do proxecto popular". 

José Manuel Castro, nado en Os Blancos en 1969, chegou a alcaldía en 2011 co obxectivo, dixo, de "recuperar a estabilidade financieira do Concello, xa que nos atopamos cunha situación moi complicada que requería planificar e priorizar ao detalle calquera acción de goberno". O actual líder local e aspirante a reeditar o seu mandato afirmou ter feito "un grandísimo esforzo que, por exemplo, se reflectiu no eido dos servizos sociais". 


Logros


Castro sacou peito da casa niño, da casa do maior, e dun circuito de benestar "bastante completo", onde a atención social comeza "dende o mesmo instante no que recibimos unha consulta ou solicitude, de tal xeito que nin temos lista de agarda". O alcalde engadiu que so resta poñer en marcha nun tercio do territorio a concentración parcelaria. 

José Manuel Castro promete, nunha vindeira lexislatura, "comezar a planificar a execución das obras que precisan o concello e a veciñanza, así como poñer en valor os recursos turísticos que temos, no que xogará papel fundamental o plan de urbanismo".

Te puede interesar