EMPREGO

O PP pide en Xinzo traballo para os mozos no campo

<p></p>
photo_camera Pérez, Gago e Viso, onte cos responsables da cooperativa.

Diego Gago e Miguel Ángel Viso visitaron xunto ao alcalde a cooperativa Hortícolas Galegas 

O presidente de Novas Xeracións de Galicia, Diego Gago, amosou onte a súa intención de reivindicar máis iniciativas públicas para que os mozos do rural teñan máis e novas oportunidades de emprego, “tendo así a posibilidade de vivir e traballar nun sector, o primario, que temos que poñer en valor”.

Diego Gago fixo estas declaracións logo da visita que realizou esta mañá á cooperativa Hortícolas Galegas, en Xinzo de Limia, onde estivo acompañado polo presidente de Novas Xeracións de Ourense, José Antonio Parente, o alcalde, Antonio Pérez, e o deputado por Ourense no Congreso, Miguel Ángel Viso.

Segundo informou o PP de Xinzo en nota de prensa, Gago sinalou que en "Novas Xeracións temos un compromiso co sector primario e por esa razón imos defender todas aquelas iniciativas que ofrezan máis oportunidade aos mozos para que vivan a traballen no campo”.

Neste sentido anunciou que pedirán ao PPdeG que inclúa no seu programa electoral para as eleccións autonómicas de outono propostas de actuación que incidan directamente na xeración de emprego para os mozos no rural. Antonio Pérez e Miguel Ángel Viso expresáronse na mesma liña, subliñando que a cooperativa visitada é un exemplo de emprendemento e de desenvolvemento no rural que deben coñecer os mozos para achegarse á realidade.

José Antonio Parente sinalou que actividades como as de Hortícolas Galega “han servir como chamada de atención para que o Parlamento de Galicia faga unha aposta decidida polos mozos".

Te puede interesar