O PP de Xinzo considera escasas as axudas aos autónomos

A rexedora de Xinzo asegurou que se concederon todas as axudas pedidas e que éstas se incrementarán. 

O Partido Popular de Xinzo non aproba a contía final aprobada dende o Concello para axudar aos hostaleiros da vila a paliar os danos causados pola crise derivada do covid-19. "Cómo é posible que as axudas da Xunta cheguen a máis de 140 hostaleiros da vila e as axudas do Concello de Xinzo de Limia só cheguen a 84 autónomos?", lamentan dende a formación popular. " A Xunta reparte 233.000 euros entre a hostalería do noso concello e das arcas municipais só saen 25.000 euros para todo o sector empresarial. De 80.000 só se reparten 25.000 euros en axudas de 300", engaden dende a oposición do Concello de Xinzo. 

Dende o PP limiao consideran insuficientes estas axudas, pois o tecido económico da vila ascende, matizan, a máis de 500 profesionais, e as axudas deseñadas polo goberno local soamente chegan a 84 persoas. "O noso sector económico está a sufrir unha crise sen parangón, o Concello debe ser o primeiro en tomar decisións", denuncian os populares limiaos. 

A rexedora de Xinzo, Elvira Lama, asegurou que, de todas as solicitudes formalizadas, "se concedieron absolutamente todas. No se denegaron a ningún autónomo. No obstante, las revisaremos por si alguno quedó fuera". 

fondo de reserva

Doutra banda, o Concello de Xinzo reactivará o fondo de reserva neste senso e contempla incrementalo para poñer axudas de novo en marcha e na medida en que Intervención o permita. "El PP local presume de las ayudas concedidas por la Xunta, pero a ver qué manda la Xunta a los concellos, porque nosotros, para combatir el covid, no recibimos absolutamente nada. Cero. Unas cuantas mascarillas y lejía. Nada más", dixo Elvira Lama.

Te puede interesar