O PP de Xinzo critica os cambios no proxecto da Travesía do Bouzo

Dende a formación popular trasladarán á comisión informativa pertinente cuestións vencelladas á reducción do paso peonil, á falta de execución da cuneta de seguridade na marxe esquerda ou á pouca resistencia a grandes pesos no entubado.

Membros do Partido Popular de Xinzo reunironse esta semana con veciños do entorno da Travesía do Bouzo, lugar no que se están a realizar as obras da continuación da Travesía Sitibal ata a estrada de Lamas. Os edís desta formación aseguran que existen numerosas queixas neste punto debido a que "non se entende o por qué dos trocos do proxecto que se están a realizar nas obras desta zona, reducindo a seguridade tanto do tráfico rodado como de viandantes". 

Dende a formación popular trasladarán á comisión informativa pertinente cuestións vencelladas á reducción do paso peonil, á falta de execución da cuneta de seguridade na marxe esquerda ou á pouca resistencia a grandes pesos no entubado. "Onde se gastou a partida económica do orzamento para estes tramos, máis de 180 mil euros? Cal é o motivo destes trocos? A Xunta autoriza isto?", cuestionaron os populares, que acusaron á rexedora, Elvira Lama, de "prepotencia".

Te puede interesar