Xinzo de Limia

O PP de Xinzo critica o estado das rúas empedradas

censuran que a alcaldesa fixera "un comentario despectivo sobre a subvención concedida do Plan Hurbe que en marzo do ano pasado deixou pactado o anterior goberno coa Xunta de Galicia"

O Partido Popular de Xinzo saiu ao paso do suceso acontecido o pasado fin de semana no que un veciño, vestido de Pantalla, sufriu un esguince ao pisar un dos desniveis e desperfectos que se aprecian na rúa de San Roque. Os edís da formación da oposición falan dun "calamitoso" estado das rúas empedradas da vila e recordan que a principios do pasado mes de decembro o Grupo de Goberno saiu na prensa anunciando que "acometía obras de conservación e rehabilitación do casco vello de Xinzo de Limia". Sen embargo, para os populares trátase, unha vez mais, de "moita foto e pouco resultado".

Ademais, censuran que a alcaldesa fixera "un comentario despectivo sobre a subvención concedida do Plan Hurbe que en marzo do ano pasado deixou pactado o anterior goberno coa Xunta de Galicia". Dende a formación azul censuraron que os desperfectos non se arranxasen unha vez iniciado o ciclo do Entroido. "Atopamos que as rúas principais teñen deficiencias que non se solucionaron en decembro". 

Sobre o Plan Hurbe, os populares quixeron deixar claro que se trata de 350.000 euros que están aprobados para humanizar o casco antigo "e que o goberno de Elvira nin se preocupou de levar adiante antes do primeiro Entroido con categoría internacional. Agora tras o accidente do domingo din que están co proxecto; ¿qué fixeron este tempo?".

Te puede interesar