Política

O PP de Xinzo critica a parálise do Concello e a ausencia de plenos

Critican a ausencia de plenos, falta de orzamentos e escasas medidas para combater a crise do covid-19 na vila limiá. 

O Partido Popular de Xinzo acusa, unha vez máis, ao Goberno local da "parálise" da actividade política municipal, con ausencia de plenos, falta de orzamentos e escasas medidas para combater a crise do covid-19 na vila limiá. 

"Parece que segue en fase 0, confinado; esperando a que hostalería, comercio, pequenas empresas, autónomos ou calquera veciña ou veciño, saian disto por si mesmos, coa axuda doutras institucións ou inspiración divina", censuran os populares, quenes se queixan novamente da escasa información que reciben por parte do cuatripartito limiao e de non ter, a día de hoxe, orzamentos aprobados logo dun ano de mandato. 

Por último, criticaron o "gasto mínimo e escaso en material de protección e desinfección sanitaria para a poboación do noso Concello e a falla de facilidades para ás terrazas".

Te puede interesar