O PP de Xinzo lamenta o estado das pistas de pádel

IMG_20210313_182317[1]
photo_camera Imaxe das pistas de pádel de Xinzo na actualidade.
Levará ao vindeiro pleno ordinario esta cuestión

O Partido Popular de Xinzo levará ao vindeiro pleno ordinario -abril- o estado das recén estreadas pistas de pádel da vila, sobre as que, aseguran, existen numerosas queixas: "Unha pista está pechada por numerosas deficiencias e a outra con perigo de lesións. Estas instalacións estreáronse no verán pasado e en menos dun ano suman queixa tras queixa por non estar en adecuadas condicións de uso", din dende a bancada popular limiá. 

As críticas da formación azul estendéronse, do mesmo xeito, ao modo de concesión desta obra que tivo un custo superior aos 40.000 euros. Neste senso, o PP de Xinzo criticou que ao grupo de goberno "só lle preocupa a foto e o titular, despreocupándose de como quedan rematadas as obras adxudicadas a dedo, sen concurso algún".

Por último, os populares manteñen que o goberno local "vende que fai moito, cando non fai nada" xa que "nin axudan a xente máis necesitada despois dun ano horrible, nin se preocupan de como se fan as cousas. Do que se preocuparon foi de aprobarse uns supersoldos e crear comisións-chiringuito cun custe para ás arcas municipais de máis de 90 mil euros anuais".

Te puede interesar