A Limia

O PP de Xinzo pide derivar o superávit a axudas directas

A Limia

O PP de Xinzo pide derivar o superávit a axudas directas

O obxectivo é paliar a crisis económica que, din, están padecendo empresas e autónomos

O grupo municipal popular de Xinzo de Limia rexistrou este luns unha moción co obxectivo de acadar que o goberno local estudie a posibilidade de derivar o superávit desta administración a axudas directas a empresarios e autónomos. Mais concretamente, os populares reclaman invertir todo o remanente posible do mencionado superávit, así como a partida da Bolsa Social do Concello de Xinzo en axudas directas aos sectores económicos -pequenas e medianas empresas, autónomos, comercio e hostalaría, entre outros- e nas persoas que máis están a sufrir a crise económica actual. Do mesmo xeito, piden axudas para as asociacións sen ánimo de lucro, de maneira que poidan facer fronte ao gasto de material de limpeza, desinfectante e de prevención e que, deste xeito, consigan levar adiante, segundo os protocolos, todas as súas actividades. O PP de Xinzo solicita tamén reforzar a colaboración cos centros educativos do Concello limiao en material e persoal de limpeza, desinfección e prevención, e tamén para acondicionar todos os departamentos municipais con pantallas de metacrilato.  

Por último, os populares limiaos tamén instan ao Goberno central na súa moción a que transfira unha parte proporcional dos Fondos Europeos que reciba España ás Entidades Locais para poder compensar o impacto do covid nos seus ingresos e gastos orzamentarios e acometa a creación dun fondo de 5.000 millóns en axudas directas e sen condicións ás Entidades Locais e fondos específicos de 1.000 millóns de euros para compensar o déficit nos servizos de transporte públicos e cubrir deste modo o custo da colaboración das entidades locais na xestión do Ingreso Mínimo Vital.