O PP de Xinzo solicita á Hidrográfica que limpe o río Limia

Dende o grupo municipal aseguraron que a última gran actuación de limpeza na cunca do río Limia e os seus afluentes fíxose a finais do 2017. 

O Partido Popular de Xinzo rexistrou unha moción para instar á Confederación Hidrográfica Miño - Sil a "dispor unha partida económica para contratar, respectando a flora necesaria para a fauna existente, o acondicionamento do cauce, taludes, marxes e vexetación dos nosos ríos e canais, e para evitar calquera dano persoal ou material". Dende o grupo municipal aseguraron que a última gran actuación de limpeza na cunca do río Limia e os seus afluentes fíxose a finais do 2017. 

Por outra banda, urxiron á Confederación a emitir o informe favorable para non perder a subvención de 35.000 euros da Deputación para facer no Toural unha pista deportiva.

Te puede interesar