LITERATURA

O Premio de Narrativa de Casares acada a terceira edición

Poderán participar na categoría xuvenil aqueles mozos nacidos entre os anos 2000 e 2005 e, na infantil, os que o fixeron no 2006 e posteriores

O Concello de Xinzo vén de publicar as bases de participación da terceira edición do premio literario de Narrativa Curta Carlos Casares, que se convoca na capital limiá co gallo do Día das Letras Galegas 2018. 

Poderán participar na categoría xuvenil aqueles mozos nacidos entre os anos 2000 e 2005 e, na infantil, os que o fixeron no 2006 e posteriores. Terán que presentar un relato escrito -inédito e da súa autoría- redactado en lingua galega e de acordo coa normativa oficial vixente.

No caso do concurso xuvenil, a extensión será dun máximo de oito follas e dun mínimo de cinco, e na infantil non poderán escribirse máis de cinco folios nin menos de dous, sendo a temática en ámbolos dous casos de carácter libre. 

O prazo de entrega rematará o mércores, día 2 de maio, antes das 14,00 horas e os premios correspondentes a cada categoría outorgaránse en bonos para material escolar e libros nas librerías de Xinzo e serán de 400 euros para os infantís e 600 euros para xuveniles. 

Te puede interesar
Más en A Limia