A Limia

Principio de acordo para limpar as canles da Limia

Reunión entre representantes de Medio Rural e da Confederación Hidrográfica.
photo_camera Reunión entre representantes de Medio Rural e da Confederación Hidrográfica.
A medida busca mellorar estes sistemas e cumprir así as súas funcións agrícolas

A Consellería do Medio Rural e a Confederación do Miño-Sil abordan a situación da limpeza das canles de regadío da Limia, co fin de mellorar estes sistemas e cumprir así as súas funcións agrícolas. 

Por outra banda, a Xunta trasladará ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a posibilidade de formalizar mediante un convenio de carácter técnico e financeiro estas actuacións de limpeza das canles. Así o explica a consellería nunha nota na que alude a que "o que se busca con esta iniciativa é acadar un consenso entre todas as partes implicadas nunha vontade de colaboración institucional -o Goberno central, a Xunta, a Confederación Hidrográfica do Miño Sil (organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica), os concellos e as comunidades de rega- para acometer de xeito conxunto e coordinado estes traballos". Medio Rural proporá ao Ministerio de Agricultura que avalíe que as administracións aporten financiamento e os regantes asuman o compromiso do mantemento das canles tras a limpeza das mesmas, que debería ser executada coa máxima dilixencia posible para que poidan cumprir así as súas funcións agrícolas e evitar inundacións nos terreos agrícolas e gandeiros da zona. 

Te puede interesar