entrevista

"A problemática dos residuos na Limia non é máis grave que noutros lugares"

O presidente do GDR, Gumersindo Lamas, este sábado en Xinzo (ANDRÉS CACHALVITE).
photo_camera O presidente do GDR, Gumersindo Lamas, este sábado en Xinzo (ANDRÉS CACHALVITE).

O presidente do GDR Limia-Arnoia áfronta o proxecto de coordinar o Plan Estratéxico para o Sector Agrario na Limia

Gumersindo Lamas, presidente do GDR Limia - Arnoia dende hai sete anos, afronta un dos seus grandes desafíos: liderar a coordinación dun Plan Estratéxico -a petición de Medio Rural- para o Sector Agrario na Limia, que permita dar solución aos problemas existentes en materia de residuos, e profesionalice esta actividade económica para lograr frear o éxodo rural. 

Por que foi escollido o GDR Limia - Arnoia para desenvolver este proxecto?

Nós levamos xa tempo funcionando dentro da Limia e dependemos de Agader. Dalgunha maneira era o organismo que podía coordinar mellor toda esta zona. Os técnicos que temos son profesionais moi válidos. Nós xa plantexamos moitas veces que o GDR non servira só para xestionar subvencións, senon para dinamizar un pouco a comarca. A Consellería encaixouno moi ben. 

En que punto está o Plan?

Nós coordinaremos a elaboración do mesmo. Daremos as pautas que seguir, e faremos as convocatorias pertinentes ás mesas sectoriais ou elementos sociais. A chamada Mesa da Limia -a que aglutina a todos os sectores sociais e produtivos- sería a que elaboraría este Plan Estratéxico. Lóxicamente fai falta un financiamento para levar todo esto adiante. De todos os xeitos, queremos que este Plan non sexa exclusivo dun tempo ou dun lugar. Non hai mellor investimento que pensar no futuro da Limia. 

Cales son os problemas máis acuciantes que ten A Limia?

O que máis preocupa e que ten maior incidencia na opinión pública é a xestión de residuos agrogandeiros. Está aí, é un problema e unha realidade, pero non é máis grave que noutros lados. Se melloramos a formación dos agricultores, esto redundará nas boas prácticas agrarias. O outro problema que está aí é a despoboación. 

Falta un grao formativo de Agraria, pero os agricultores tampouco teñen información nin pautas específicas para poder xestionar eses residuos. 

Indudablemente. Hai unha problemática e nós, tamén como políticos, temos que buscarlle unha solución. O agrícultor tamén é consciente pero por si solo non ten capacidade para solventar esta cuestión. Algún chegoume a decir que se había que pagar cartos se pagaban, pero que querían saber como arranxar este problema. 

Apostar por este Plan, ¿sería a solución ao éxodo rural limiao?

Esto é unha solución para que a agricultura sexa sostible e para que A Limia se manteña. Nós temos un sector forestal, agrario, turístico, arqueolóxico e patrimonial que hai que conxugar e aproveitar tamén. Non están explotados. Por outra banda, eu sempre digo que hai que ter un parque empresarial comarcal. Somos 11 concellos e non pode haber un en todos. De crear un único polígono, despois habería que potenciar e compensar ao resto dos municipios, por exemplo, aprobando que as vivendas sociais soamente estivesen subvencionadas neses lugares.

Que fallou para que todo eso non estea potenciado a día de hoxe?

Supoño que todos temos parte da responsabilidade e, ás veces, tu te centras no teu concello e faría falta ter unha visión máis de comarca. Entre alcaldes deberíamos ter máis entendemento, por exemplo, á hora de facer plans turísticos.

Te puede interesar