A Limia

Protestas pola retirada dun lavadoiro en Ganade

ganade1_result
photo_camera As pedras do lavadoiro, amoreadas no campo da feira.

Rodríguez relata que "os veciños lle comunicaron ó Concello de Xinzo que ese lavadoiro en concreto presentaba algunhas deficiencias

A formación veciñal Xinzo Adiante ven de facer pública no día de onte a súa denuncia pola actuación do Concello limián no pobo de Ganade, onde, segundo din, "operarios do consistorio, cunha soa queixa dun grupo reducido de veciños desa aldea, procederon sen previo aviso a derruír uns dos lavadoiros con fonte do pobo, ubicado na paraxe de a Viña, sin que tan siquera fose convocado o órgano de goberno dese pobo para tomar esa determinación", apunta unha das súas edilas, Francisca Rodríguez. 

Rodríguez relata que "os veciños lle comunicaron ó Concello de Xinzo que ese lavadoiro en concreto presentaba algunhas deficiencias. E a sorpresa foi maiúscula para o resto ó comprobar como dun día para outro apareceu literalmente derrubado e as pedras do mesmo amoreadas e desfeitas no Campo da feira".

Pola súa banda, o portavoz do grupo de goberno, Manuel López Casas, explicou que "logo de ternos retirado o lavadoiro, se lle propuxo ó concello aberto do pobo voltar a construilo aproveitando a pedra e mellorando o entorno, ou facer alí un pequeno espazo cunha fonte. E foi o propio pobo o que por maioría optou porque se construise a fonte. Somos moi respetuosos con este tipo de construccións, e neste caso respetouse a vontade do pobo".

Te puede interesar