Proxecto para crear “packs" de visitas a Vilar de Santos

Emprendedores locais de Vilar de Santos, en colaboración co Concello, crearán unha serie de "packs" de visitas guiadas ao municipio co obxectivo de dinamizar a súa vida económica, social e cultural. 

A iniciativa partiu dos responsables do Forno Faragullas, a taberna cultural A Arca da Noe e o proxecto Carabuñas, adicado á elaboración de productos a partir da flor e o froito do sabugueiro. "O obxectivo é promocionar o rural e mostrarlles aos visitantes cómo se vive nesta zona", explica Noemí Vázquez, responsable de A Arca da Noe. "A idea é crear varios packs, que conteñan distintas actividades e que permitan aos visitantes realizar unha serie de actividades como obradoiros de pan, roteiros, ou visitas ao Museo da Limia", engade. O albergue Bolboretas Vermellas sería un dos lugares ofrecidos para pernoctar. 

O rexedor local, Xan Xardón, aprobou esta iniciativa e mostrou o apoio do Concello para calquera actividade que sirva para dinamizar a vida do municipio. "Seguiremos respaldando as actividades dos nosos emprendedores", dixo. 

Te puede interesar