A Limia

O PSOE limiao critica o toldo que se empregou nas Letras Galegas

A Limia

LETRAS GALEGAS

O PSOE limiao critica o toldo que se empregou nas Letras Galegas

O partido ofreceu unha rolda de prensa.
photo_cameraO partido ofreceu unha rolda de prensa.

"Non é a primeira vez que ese espazo non conta con toma de electricidade e teñen que recurrir a negocios próximos", afirmou Elvira Lama

Para o PSOE de Xinzo o toldo azul instalado na praza Maior para acoller a celebración dos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas foi un "despropósito". Elvira Lama, a portavoz da agrupación local, critica "a desgana e o mal facer do PP que, ante calquera evento que se celebra no centro da vila sempre acaba colocando unha estrutura metálica de moi pouca calidade, cun toldo azul impropio de calquera acto, en lugar dunha carpa en condicións".

Segundo sinalan dende o partido da oposición, o Día da Muller, o do Libro ou o propio Día das Letras Galegas foron algunhas das datas mencionadas nas que "esta foi a solución cutre dada polo desgoberno local". Engaden que noutras iniciativas privadas de gran repercusión e organizadas por asociacións, os promotores solicitaron ao Concello unha carpa ou toldo para facer visible o seu traballo e, sen embargo, o PP "optou pola famosa estrutura co plástico azul". "Non é a primeira vez que ese espazo non conta con toma de electricidade e teñen que recurrir a negocios próximos", dixo Lama.