POLÍTICA LOCAL

O PSOE de Molgas queda cun só edil tralo abandono de Vences

photo_camera Francisca Vences, durante o pasado pleno extraordinario do 15 de maio.

Presentou a súa baixa na militancia do partido socialista, e quedará no Concello coma non adscrita

O pleno que se celebrará esta tarde, ás 19,00 horas, en Baños de Molgas,será o primeiro no que a edil Francisca Vences séntese no Concello coma non adscrita. Vences ven de presentar a súa baixa no PSOE, aínda que manterá a súa acta de concelleira. 

A exsocialista non quixo concretar os motivos que a levaron a tomar a decisión de deixar a militancia no partido apuntando a "causas personales" que nada teñen que ver co seu excompañeiro de formación Segundo González, sobre o que manifestou "no tener nada en contra" e que, neste senso, "lamenta hacerle daño". 

Pola súa banda, González non agochou o seu malestar ante a determinación da súa excompañeira. "Entereime da súa decisión a través dun correo electrónico", sinalou o único edil socialista que queda en Baños de Molgas. "Case non deu explicacións, eu tratei de falar con ela pero soamente o conseguín vía Whatsapp". Segundo González manifestou estar "sorprendido" e calificou a decisión de Vences como "un golpe moi duro".

 O rexidor local, Xaime Iglesias, que perdeu a cuestión de confianza á que se someteu durante o pasado mes de maio e que agarda, agora, a decisión dos grupos da oposición sobre se presentan ou non, unha moción de censura, sinalou que dende o Bloque Nacionalista Galego "non imos a indagar nin a facer suposicións sobre os motivos que levaron a Francisca a deixar o partido socialista". 

Sobre a nova posición de Vences como edil non adscrita, Iglesias manifestou a vontade de "tender pontes" coa concelleira "co obxectivo de tentar chegar a acordos". Neste sentido Vences sinalou que o diálogo co grupo de goberno foi "imposible" durante estes anos. "No saben lo que significa la palabra diálogo", manifestou a edil non adscrita. "Intentamos, cuando yo estaba en el PSOE establecer una vía de comunicación para tratar de llegar a acuerdos y no hubo predisposición por su parte", engadiu. 

Vences apuntou que a súa decisión de deixar o PSOE non ten nada que ver coa crise política que se vive en Baños de Molgas. Nesta liña sinalou que "sigo pensando lo mismo que cuando estaba en el PSOE. Nuestra intención no era presentar una moción de censura si no aprobar los presupuestos con nuestras enmiendas". Ante a posición do rexidor local a prol de mellorar a comunicación Vences sinalou estar aberta a dialogar e apoiar "todas las decisiones que sean buenas para Baños de Molgas". 

O outro edil que tampouco estará presente na sesión plenaria desta tarde será o propio Segundo González que, manifestou ter instado ao alcalde a que trocase a data da celebración da sesión ao non poder acudir por estar traballando noutro país. 

Iglesias salientou que "o regulamento orgánico di que os plenos teñen que ser o primeiro venres de cada mes, e Gonzalez quería fixar a data para o vindeiro día 16". O alcalde de Baños de Molgas sinalou que " os socialistas terán que valorar se lles compensa manter un voceiro que non pode asistir aos plenos". 

Novo escenario político ante a posibilidade dunha moción de censura

O vindeiro 15 de xuño rematará o plazo establecido para que os grupos da oposición poidan presentar unha moción de censura a Xaime Iglesias acompañada da proposta dun alcalde alternativo. 

O novo escenario político con Francisca Vences na bancada do grupo mixto non muda a situación inicial xa que, por lei, a edil non podería apoiar aos grupos da oposición no caso de que presentasen a citada moción. Neste sentido, Vences adiantou que "cree que non vai a haber moción de censura" e que Xaime Iglesias continuará sendo rexidor en Baños de Molgas. 

"Perda de tempo"

O seu excompañeiro Segundo González, calificou a determinación de Iglesias de someterse a unha cuestión de confianza como "unha perda de tempo" e acusou ao nacionalista "de esconderse detrás deste movemento político cando debería dimitir. González asegurou que no que atinxe á moción de censura "non pensa mover un dedo" aínda que "se chega unha proposta do Partido Popular a escoitará". Iglesias, pola súa banda sinalou que de presentarse unha alternativa á alcaldí , continuará traballando dende a oposición. 

Te puede interesar