O PSOE pide unha estación de bombeo en Castrelo de Miño

Os socialistas aseguran que o principal problema se atopa no punto de captación coto-novelle

Os socialistas de Castrelo de Miño pedirán a construcción dunha nova estación de bombeo no río Miño que poida dar solución aos problemas derivados da presenza de arsénico na auga. Ademáis, o grupo municipal defenderá tamén unha moción na que lle solicitan ao goberno local que sinalice con bocas de rego todas as aldeas do Concello para axilizar as actuación ante o lume.

No que atinxe ao problema da existencia de arsénico na auga, os socialistas aseguraron que os niveis se disparan de xeito continuo por enriba dos límites permitidos, o que provoca que a veciñanza non poida empregar nin consumir esta auga dende o pasado mes de setembro.

"O principal problema se atopa no punto de captación Coto-Novelle, que abastece a 10 aldeas do Concello. Neste punto os límites dispáranse de xeito considerable, polo que o grupo de goberno falou de colocar uns filtros para reducir ditos niveis", manifestou a edil socialista, Catalina González. "Estes filtros non garanten que volvan a subir ditos niveis debido a orografía que presenta o municipio", engadiu.

Te puede interesar