seguridade vial

O PSOE pide seguridade para unha pista que une Xinzo con Vilar de Barrio

Trandeiras( Xinzo). 24-11-16. Provincia. Acto reivindicativo do Psoe na estrada de Xinzo a Vilar de Barrio. Na foto Vicente Gómez, Francisco Fraga, Eva Oro, Elvira Lama e Sita Caré na estrada
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera La representación socialista, en el arcén de la polémica pista.

O PSdeG de Xinzo xa rexistrara o pasado día 10 unha moción sobre o tema que, finalmente, non foi sometida a debate en comisións.

O PSdeG reclamou onte que a Deputación asuma o control sobre a pista que une Xinzo de Limia con Vilar de Barrio dende a N-525. Na comparecencia, na que estiveron presentes Francisco José Fraga, voceiro do grupo provincial socialista, e Elvira Lama, deputada provincial e voceira do grupo municipal en Xinzo, afirmaron que "se trata dunha pista cun alto nivel de sinistralidade". Concretamente, en palabras de Lama, "nos últimos oito anos producíronse 13 accidentes con cinco vítimas mortais e máis dunha vintena de feridos". 

O vial é actualmente competencia dos concellos de Xinzo, Sarreaus e Vilar de Santos que, segundo Francisco José Fraga, "non poden asumir o necesario aumento da seguridade para o tránsito".

Trátase dunha pista na que prevalece o tráfico de maquinaria agrícola e camións de elevada tonelaxe e hai apenas un ano que Tráfico se reuniu co presidente provincial para lle demandar maiores medidas de seguridade". 

O PSdeG de Xinzo xa rexistrara o pasado día 10 unha moción sobre o tema que, finalmente, non foi sometida a debate en comisións. Lama informou de que, "posiblemente", volvan solicitar o seu debate en pleno.

Te puede interesar