A LIMIA

O PSOE pide suspender ó edil investigado polas lesións ó seu pai

Emilia López, portavoz socialista afirmou tamén que esta situación é de especial sensibilidade social

O Partido Socialista dos Blancos solicita ó alcalde, José Manuel Castro, que tome medidas contra o edil detido e imputado por un presunto delicto de lesións contra o seu pai, actualmente en liberdade con cargos. A portavoz socialista, Emilia López, pide a Castro que "actúe responsablemente e proceda á suspensión cautelar do concelleiro, sempre respectando a presunción de inocencia dos implicados", e recalcou que se debe manter esta medida ata que se determinen as responsabilidades no ámbito xudicial. 

Emilia López afirmou tamén que esta situación é de especial sensibilidade social, "como os maltratos e agresións na familia" e que precisa de actuacións "impolutas" desde as institucións. Ademáis, lamentou a sensación de "intranquilidade e inseguridade" que noticias de carácter negativo coma estas deixan na sociedade.n

Te puede interesar