política local

O PSOE de Xinzo critica a falta de técnicos agrícolas

Segundo subliñou Elvira Lama, "das tres prazas de técnicos coas que conta a oficina de Xinzo dende fai máis de dous meses non está cuberta ningunha, e os labregos non teñen cobertura"

Dende o grupo socialista de Xinzo calificaron a derradeira visita do conselleiro de Medio Rural á vila, José González, de "propaganda electoral". Critican que durante o encontro que o representante autonómico mantivo con agricultores e gandeiros da contorna "non lle deu tempo a coñecer os problemas reais da oficina comarcal do seu propio departamento, e naide do grupo do goberno local do PP foi quen de informalle nin de interesarse pola situación deste servizo ".

Segundo subliñou a voceira, Elvira Lama, "das tres prazas de técnicos coas que conta a oficina de Xinzo dende fai máis de dous meses non está cuberta ningunha, e os labregos non teñen cobertura".

Te puede interesar