DEMOGRAFÍA - CONCELLO

O PSOE de Xinzo pide aclarar as consecuencias da baixada do censo

O pasado 1 de xaneiro o número de habitantes estaba en 9.875 e pasou a 9.834 en apenas tres meses

Os socialistas de Xinzo rexistraron un escrito no Concello no que demandan unha batería de informes técnicos, coa finalidade esclarecer as consecuencias que terá para as arcas municipais a baixada dos 10.000 habitantes no censo. Matizan que este feito provocará unha reducción das aportacións económicas por parte doutras administracións públicas. 

Segundo os datos que manexa o grupo da oposición, o pasado 1 de xaneiro o número de habitantes estaba en 9.875 e pasou a 9.834 en apenas tres meses. Neste senso, reclaman un informe da Secretaría Municipal que determine as consecuencias xurídicas, outro de Intervención e Tesourería sobre as económicas, ademais de saber o importe que se deixaría de percibir polo Goberno Central e da Xunta de Galicia. 

A portavoz do PSOE de Xinzo subliñou que "esta constante perda de habitantes e a inacción do goberno local, que está máis ocupado do censo interno do PP que do censo de toda a veciñanza, provocará consecuencias moi desfavorables para as arcas municipais e, por tanto, para todas e todos nós". Recordou que en 2017 foi aprobada unha moción do seu grupo que propoñía unha batería de medidas co fin de aumentar o empadroamento pero que, durante este tempo, "non se fixo absolutamente nada, e xa estamos nunha situación irreversible".

Te puede interesar